viernes, 22 de febrero de 2008

XXIV CONCURSO LITERARIO "AIRIÑOS DO XUNCO"

BASES
======
1.- MODALIDADE.- Categorías A e B: POESÍA. Categorías C e D: NARRATIVA.

2.- TEMA.- Libre

3.- CATEGORÍAS.- Establécense 4 categorías:
A) Máis de 16 anos
B) De 13 a 16 anos
C) De 11 - 12 anos
D) De 6 a 10 anos.
4.- PARTICIPANTES.- Poderán concorrer tódolos autores de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en Linga Galega.

5.- EXTENSIÓN.- Máximo 20 folios mecanografiados a dobre espacio.

6.- PRESENTACIÓN TRABALLOS.- Presentarase antes das 24 horas do 3 de Maio do 2.008 orixinal e 3 copias. Con cada orixinal, que deberá ser presentado baixo lema, xuntarase, en sobre pechado, o nome completo, enderezo, teléfono do autor, así como o título da obra INDICANDO FORA NO SOBRE A CATEGORÍA NA QUE PARTICIPA.
Remitiranse ó seguinte enderezo:
A.C. AIRIÑOS DO XUNCO
Xosé Alvarez 27
27891 - CERVO
7.- Só se pode remitir un traballo por participante.

8.- XURADO.- Estará composto por 3 membros relacionados coa Educación, Cultura e Medios de Comunicación

9.- Os premios poderán declararse desertos.

10.- ENTREGA PREMIOS.- No transcurso dun festival que se celebrará o 17 de Maio no Auditorio de Sargadelos con motivo da celebración das Letras Galegas. É obrigatorio recolle-lo premio os gañadores.

11.- A Xunta Directiva resérvase o dereito a publica-los traballos que considere oportuno na Revista “ QUEIMADA”.

12.- PREMIOS
CATEGORÍA A)
1.- 200 euros, Trofeo de Sargadelos e Diploma
2.- 120 euros, Trofeo e Diploma.
3.- Lote de libros, Trofeo e Diploma.

CATEGORÍA B)
1.- Trofeo, Lote de libros e Diploma.
2.- Trofeo, Lote de libros e Diploma.
3.- Lote de libros e Diploma.

CATEGIRÍA C)
1.- Tofeo,Lote de libros e Diploma
2.- Lote de libros e Diploma

CATEGORIA D)
1.- Trofeo, lote de libros e Diploma
2.- Lote de libros e Diploma.

Pódense consultar as bases na seguinte dirección.:
www. airinosdoxunco. blogspot.com

jueves, 21 de febrero de 2008

IV CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL "CONCELLO DE CERVO" nas modalidades de Cuartetos ou Quintetos e Cantareiras.



Modalidade de Gaita .Cuartetos e Quintetos
BASES
1. Concurso celebrarase o xoves 20 de Marzo de 2.008, ás 17,00 horas no Auditorio de Sargadelos, en Cervo( Lugo)
2. Haberá unha única categoría para mayores de 15 anos. As tres cuartas parte do grupo terán que estar formadas por mayores de 15 anos.
3. Os premios serán os seguintes:
1º Premio: 600 Euros 2º Premio: 400 Euros 3º Premio: 200 Euros
Tódolos grupos participantes non premiados recibirán un agasallo.
4. Os grupos participantes poderán ser femeninos, masculinos ou mixtos, queda prohibido que os participantes concursen con mais dun grupo. Só se aceptarán a concurso cuartetos ou quintetos. Este concurso será aberto, sin cota de inscripción.
5. Será obligatorio o uso do traxe tradicional, co que os participantes deben permanecer ata o remate, xa que o grupo gañador deberá interpretar a súa peza ó remate do concurso.
6. A/s peza/s a interpretar deberán ser tradicionais, os minutos de actuación serán un mínimo de 5 e un máximo de 8 . En caso contrario será motivo de penalización.
7. A orde de actuación será en relación inversa á orde de inscripción, é decir, que os últimos en inscribirse serán os primeiros en actuar.
8. Ningunha agrupación poderá acceder á zona de público antes da súa actuación, e despois da mesma non poderá facelo con instrumentos. Tamén se controlará a entrada e saída do público para non molestar ás agrupacións que estén no escenario.
9. Soamente entrarán a concurso 10 agrupacións, téndose en conta para a selección o currículo do grupo, cun límite de recepción do 12 de Marzo do 2.008. Ós grupos seleccionados comunicaráselle por teléfono ou correo electrónico a súa participación.
10 Tódalas agrupacións deberán estar preparadas as 16:00 horas na plaza do Concello de Cervo, para realizar un pasarrúas polo pobo de Cervo ata o Auditorio de Sargadelos.
11. O Xurado será nomeado pola Organización e o seu fallo será inapelable. Calificarase ademáis da autenticidade da peza, a interpretación, dificultade, afinación e estética do grupo.
12. O pago á Delegación de Facenda polo premio corre por conta dos premiados.
13. O incumplimento de calquera destes puntos acarreará penalización ou expulsión.
14. A folla de inscripción xunto co currículo do grupo deberá dirixirse á seguinte dirección:

Asociación Cultural “Airiños do Xunco”
Rúa Xosé Álvarez nº 27 27891 – Cervo
Para calquera consulta poden chamar ós seguintes números de teléfono:
AZUCENA: 675.823.985 RAFA: 600.968.344
Aproveitamos a ocasión para saudarvos.
NOTA: PODENSE CONSULTAR AS BASES NO BLOG: http://www.airinosdoxunco.blogspot.com/



Modalidade de Cantareiras
BASES
1. Concurso celebrarase o xoves 20 de Marzo de 2.008, ás 17,00 horas no Auditorio de Sargadelos, en Cervo( Lugo)
2. Haberá unha única categoría para maiores de 15 anos. As tres cuartas parte do grupo terán que estar formadas por maiores de 15 anos.
3. Os premios serán os seguintes:
1º Premio: 400 Euros 2º Premio: 200 Euros 3º Premio: 100 Euros
4. Tódolos grupos participantes non premiados recibirán un agasallo. Os grupos participantes poderán ser femeninos, masculinos ou mixtos, queda prohibido que os participantes concursen con mais dun grupo. Este concurso será aberto, sin cota de inscripción.
5. Será obligatorio o uso do traxe tradicional, co que os participantes deben permanecer ata o remate, xa que o grupo gañador deberá interpretar a súa peza ó remate do concurso.
6. A/s peza/s a interpretar deberán ser tradicionais, non podendo sobrepasar os 5 minutos máximo de actuación. En caso contrario será motivo de penalización.
7. A orde de actuación será en relación inversa á orde de inscripción, é decir, que os últimos en inscribirse serán os primeiros en actuar.
8. Ningunha agrupación poderá acceder á zona de público antes da súa actuación, e despois da mesma non poderá facelo con instrumentos. Tamén se controlará a entrada e saída do público para non molestar ás agrupacións que estén no escenario.
9. Soamente entrarán a concurso 10 agrupacións, téndose en conta para a selección o currículo do grupo, cun límite de recepción do 12 de Marzo do 2.008. Ós grupos seleccionados comunicaráselle por escrito e por teléfono ou correo electrónico a súa participación.
10. Tódalas agrupacións deberán estar preparadas as 16:00 horas na plaza do Concello de Cervo, para realizar un pasarrúas polo pobo de Cervo ata o Auditorio de Sargadelos.
11. O Xurado será nomeado pola Organización e o seu fallo será inapelable. Calificarase ademáis da autenticidade da peza, a interpretación, dificultade, afinación e estética do grupo.
12. O pago á Delegación de Facenda polo premio corre por conta dos premiados.
13. O incumplimento de calquera destes puntos acarreará penalización ou expulsión.
14. A folla de inscripción xunto co currículo do grupo deberá dirixirse á seguinte dirección:
Asociación Cultural “Airiños do Xunco” Rúa Xosé Álvarez nº 27 27891 – Cervo
Para calquera consulta poden chamar ós seguintes números de teléfono:
AZUCENA: 675.823.985 RAFA: 600.968.344
NOTA: PODENSE CONSULTAR AS BASES NO BLOG: http://www.airinosdoxunco.blogspot.com/

FICHA INSCRIPCIÓN
IV CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL “CONCELLO DE CERVO”
Modalidade de Cantareiras.
NOME DO GRUPO: ……………………………………………………………………

ASOCIACIÓN.: …………………………………………………………………………

PERSOA DE CONTACTO.: …………………………………………………………...

DIRECCIÓN.: …………………………………………………………………………...

TFNO. CONTACTO: …………………………………………………………………...

FAX.: ……………………………………………………………………………………..

CORREO ELECTRÓNICO.: ………………………………………………………….

Nº PARTICIPANTES.: …………………………………………………………………

SILLAS.: …………………………………………………………………………………

NOME DE PEZAS.: ………………………………………………………………
NOTA: PODENSE CONSULTAR AS BASES NO BLOG: http://www.airinosdoxunco.blogspot.com/


FICHA INSCRIPCIÓN
IV CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL “CONCELLO DE CERVO"


Modalidade de Gaita. Cuartetos e Quintetos
NOME DO GRUPO: ……………………………………………………………………

ASOCIACIÓN.: …………………………………………………………………………

PERSOA DE CONTACTO.: …………………………………………………………...

DIRECCIÓN.: …………………………………………………………………………...

TFNO. CONTACTO: …………………………………………………………………...

FAX.: ……………………………………………………………………………………..

CORREO ELECTRÓNICO.: ………………………………………………………….

Nº PARTICIPANTES.: …………………………………………………………………

DIRECTOR.: ……………………………………………………………………………

NOME DE PEZAS.: …………………………………………………………………….
NOTA: PODENSE CONSULTAR AS BASES NO BLOG: www.airinosdoxunco.blogspot.com

ANTROIDO -2.008




O pasado 2,3 e 4 de febreiro celebramos o Antroido no pobo de Cervo, a pesares do mal tempo que fixo en Cervo o domingo 3. Non se puido sair co Desfile de Carnaval pero fíxose no Pavillón do C.E.I.P. de Cervo. Alí xuntaronse unha gran cantidade de disfraces e tamén de asistentes para disfrutar vendo tódolos disfraces. O sábado celebrárase o Play - back e karaoke no Auditorio de Sargadelos e o luns 4 baile de antroido tradicional nas Escolas Vellas. Os premios do desfile repartironse da seguinte maneira:

INFANTILES:

INDIVIDUAIS: 1.-FROR 2.- Dr. CHIFLADO 3.-JESULÍN

PARELLAS: 1.- LAS PIJAS DE CERVO 2.- CONEJOS 3.- O Sr. E A Sra. CUBO

GRUPOS: 1.- PAIASOS 2.- VIMOS DE MALLA 3.- OS PRINCIPES

COMPARSAS: 1.- PRO ÚNICO QUE VALEMOS.






SENIORS:


INDIVIDUAIS: 1.- STRADIVARIUS 2.- BART SIMPSON

PARELLAS: 1.- AS FICHAS PERDIDAS
GRUPOS: 1.- ABEJIDAS 2.- VOLVORETAS 3.- DORADITAS

COMPARSAS: 1.- O FLAUTISTA DE HAMELIN E O SEU APRENDIZ 2.- OS TOREROS.

MENCIÓN ESPECIAL PARA A CHARANGA "O MILLOR DE CADA CASA" DE BURELA.






viernes, 8 de febrero de 2008

Cantareiras no Auditorio





GRUPO DE CANTAREIRAS DA A.C. AIRIÑOS DO XUNCO DE CERVO O DÍA DA CABALGATA CANTANDO UNCANTO DE REIS NO AUDITORIO DE SARGADELOS.XANEIRO DO 2.008.

miércoles, 2 de enero de 2008

CABALGATA 2008

O Sábado 5 de Xaneiro celebrarase a Cabalgata de Reis co seguinte programa

· PARQUE DE HINCHABLES NA PRAZA DO CONCELLO A PARTIR DAS 3 DA TARDE


A PARTIRES DAS 7 DE TARDE
· Chegada ó Concello de Cervo.
· Saída hacia o Auditorio de Sargadelos.
· Visita ó Belén Vivinte.
· Canto dunha panxoliña.
· Recibimento dos Reis ós nenos.
· Representación teatral por parte de “O Bordelo” da obra “ MARANDAINA" de Paco Piñeiro.
ORGANIZA: A.C. Airiños do Xunco
COLABORA:Concello de Cervo

martes, 1 de enero de 2008

O RESTAURANTE NITO GAÑADOR DO I MARATON DE FUTBOL SALA "CONCELLO DE CERVO"

O Restaurante Nito de Celeiro proclamouse campión do I Maratón de Fútbol Sala "Concello de Cervo" tras superar ó Bronx de Burela na tanda de penaltis logo de rematá-lo partido con empate a 1 gol. Ambos equipos chegaron á final tras derrotar o W.I.A. de Burela e O Burela United.O restaurante Nito superou ó W.I.A. na tanda de penaltis tras acabar o partido con empate a un gol , e o Bronx superou ó Burela United polo resultado de 2-0.
O 3º e 4º posto decidiuse asimesmo dende o punto de penaltis, despois de empatar a 3 tantos no encontro. O W.I.A foi o terceiro clasificado e o Burela United o 4º.
Tra-la finalización do encontro realizouse a entrega de premios:
1º.- 600 Euros e trofeo: RESTAURANTE NITO
2º.- 400 Euros e Trofeo: BRONX
3º.- 200 Euros e Trofeo: W.I.A.
4º.- Trofeo: BURELA UNITED
Máximo Goleador: KIKO DO BRONX
Porteiro menos goleado: BRONX
Millor xogador do torneo: MARIO DO BRONX.

viernes, 9 de noviembre de 2007

I MARATÓN DE FÚTBOL-SALA "CONCELLO DE CERVO"

DATA CELEBRACIÓN: 29 e 30 DE DECEMBRO

LUGAR: PAVILLÓN C.E.I.P. DE CERVO

PREMIOS:
1º.- 600 EUROS E TROFEO
2º.- 400 EUROS E TROFEO
3º.- 200 EUROS E TROFEO
4º.- TROFEO.

CUOTA INSCRIPCIÓN: 100 EUROS

INGRESAR EN Nº CONTA: BBVA: 0182-1548-44-0010100138
DATA INSCRIPCIÓN: ATA AS 24 HORAS DO 21 DE DECEMBRO


TELÉFONOS INSCRIPCIÓN: 600968344 (RAFA) ou 620145038 (JOSÉ)

ORGANIZA: AIRIÑOS DO XUNCO

COLABORAN: CONCELLO DE CERVO E CASAS COMERCIAIS.